A factoría

 

A Factoría é un dos nomes cos que se coñecen popularmente os estaleiros en Ferrol, corazón do espírito colectivo, rebelde e obreiro da comarca.

A Factoría é tamén o espazo formativo de Rexenerando S. Coop. Un lugar desde o que contribuír á construción colectiva de relacións humanas máis xustas e integrar nas nosas prácticas diarias a revolución que supón aprender a traballar mellor en grupo.

Curso Básico de Facilicitación de Grupos

Datas:
Outubro 2024 – xuño 2025

Lugar:
Santiago de Compostela

Seminario Resolución de conflitos

Datas:
26 – 28 abril

Lugar:
Vedra

Curso Medio de Facilicitación de Grupos

Datas:
Pendente lanzamento de nova edición. Máis información en info@rexenerando.com

Do conflito ao soño

Datas:
2ª Edición, 2019
Por confirmar

Lugar:
Por confirmar

Curso Básico de Facilicitación de Grupos

IX edición do “Curso Básico de Facilitación de Grupos. Ferramentas e habilidades para a xestión de colectivos”, acreditado polo Instituto de Facilitación e Cambio (IIFACe)

Dirixido a todas aquelas persoas vinculadas co ámbito da educación, o acompañamento a equipos e organizacións, a mediación, o emprendemento social, a dinamización sociocomunitario, a animación sociocultural, activismos, etc., interesadas en promover cambios positivos e satisfactorios nos seus grupos ou comunidades, cun enfoque participativo e innovador e que potencie a diversidade.

E se os conflitos fosen unha oportunidade de transformación? Módulo formativo de facilitación de grupos no que achegarnos ao conflito, adquirindo ferramentas para intervir a nivel individual, relacional e grupal. Unha ocasión para aprendermos a relacionarnos co conflito con menos incomodidade, valorando o potencial creativo destes procesos para as organizacións e equipos. 

15h de formación, entre o 26 e o 28 de abril de 2024, no Centro de Emprendemento “A Estación” de Vedra.

Curso Medio de Facilitación de Grupos acreditado polo IIFAC-e, con Anna Pujol e César Fernández na coordinación e a docencia. Esta formación dá continuidade ao Curso Básico, e o seu obxectivo é ofrecer un espazo no que afondar e poñer en práctica as habilidades, técnicas e ferramentas básicas para a facilitación de procesos grupais. A través da experimentación co propio grupo, as persoas participantes terán a oportunidade de co-facilitar con supervisión das formadoras do curso

Curso dirixido a profesoras, profesores, mestres e mestras interesados en reforzar as súas habilidades docentes. O obxectivo é proporcionar ferramentas para xestionar os desafíos que as profesionais da educación afrontan tanto dentro como fóra da aula.

A través do Traballo de Procesos, este curso ofrece unha caixa de ferramentas prácticas e un espazo de intercambio de experiencias entre profesionais da educación, desenvolvendo habilidades que melloren o desempeño efectivo e respectuoso no traballo, tanto consigo mesmas como co resto da comunidade educativa.