Recursos
Bótalle un vistazo aos nosos traballos.
A festa, de hoxe nun ano
“A festa, de hoxe nun ano” é unha publicación feita para a Asociación Airiños da Capela, en colaboración con veciñanza participante en comisións de festas para os festexos patronais nas últimas décadas. O seu obxectivo é recoller parte desa memoria das festas, servir de guía útil para as novas persoas que asuman este encargo, e poñer en valor esta poderosa fórmula de organización comunitaria.
Gozando en igualdade
Gozando en igualdade é un proxecto de coeducación para comunidades escolares, centrado no acompañamento das sexualidades na infancia. No 2022 desenvolvemos esta guía para a ANPA do CEIP de Prácticas (A Coruña). Está dirixida a profesorado e familias, e contén unha revisión crítica do modelo de educación sexual, indicacións para abordar as sexualidades nas diferentes etapas de crecemento das crianzas e recursos de apoio.
Ferrol Rebelde. Mapa da historia obreira
O mapa “Ferrol Rebelde” é un proxecto de divulgación e dignificación da memoria obreira da cidade. Cen anos de historia resumidos en cincuenta puntos, espazos senlleiros que visibilizan un movemento obreiro rico, diverso, pioneiro e resiliente. Unha nova oportunidade para achegarnos a este relato fundamental na identidade ferrolá e promover o diálogo social arredor del.
Irís: memoria dun século
A publicación «Irís: memoria dun século» é o resultado dun obradoiro de historia oral e saúde comunitaria desenvolvido na parroquia de Irís, Cabanas, entre outubro e decembro de 2021. Nela recóllese o relato colectivo de cen anos de historia no lugar; cen anos que ninguén das asistentes viviu, pero dos que coñecen historias, persoas e lugares como se os viran cos seus propios ollos.
Prenda do meu querer
Prenda do meu querer é un material ilustrado para dar a benvida ás crianzas que nacen no Concello de Cabanas. Serve como presentación do paquete de agasallos que reciben os novos nacementos, ao tempo que inculca na familia valores de coeducación, respecto pola diversidade, sustentabilidade e amor pola terra.
Xogando en igualdade
Medrando en igualdade é un proxecto de coeducación para comunidades escolares, centrado no ámbito do xogo e o patio. No 2021 desenvolvemos esta guía para a ANPA Berbiriana do CEIP Zalaeta (A Coruña). Está dirixida a profesorado e familias, e contén un achegamento ao concepto de “patios inclusivos”, con dinámicas para analizar o propio patio cunha mirada de xénero e propostas para realizar coas nenas e nenos na aula ou na casa.
Fálame con cariño
“Fálame con cariño” é unha guía de preguntas e respostas para acompañar a educación afectivo-sexual nas adolescencias. Está dirixida a familias e docentes, e contén algunhas respostas a cuestións recorrentes sobre como falar de sexo, masturbación, menstruación, exaculación, pracer, pornografía, consentimento ou diversidade. Foi elaborada para o Concello de Cariño ao abeiro das axudas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Medrando en igualdade
Medrando en igualdade é un proxecto de coeducación para comunidades escolares. No 2020 desenvolvemos esta “Guía de recursos para unha educación non sexista” para a ANPA do CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume). Está dirixida a profesorado e familias, e contén recursos literarios, audivisuais e lúdicos entre outros, cos que acompañar as crianzas incorporando unha mirada de xénero.
Regoela: memoria dun século
A publicación «Regoela: memoria dun século» é o resultado dun obradoiro de historia oral e saúde comunitaria desenvolvido na parroquia de Regoela, Cabanas, entre outubro e novembro de 2020. Nela recóllese o relato colectivo de cen anos de historia no lugar; cen anos que ninguén das asistentes viviu, pero dos que coñecen historias, persoas e lugares como se os viran cos seus propios ollos.
Malas Linguas 2020
Malas Linguas son as xornadas da Deputación da Coruña para a activación de falantes no s. XXI, dirixidas a axentes da normalización lingüística e público xeral. A edición de 2020 foi online e estivo centrada nas boas prácticas para as linguas minorizadas do Estado, e a revitalización lingüística en linguas ameazadas. Esta publicación recolle un resumo dos relatorios e o enlace aos vídeos.
Seis cafés. Etnografía dos coidados para tempos de pandemia
Seis cafés é un proxecto de intervención sociocomunitaria e etnografía feminista desenvolvido para o Concello de Bergondo entre setembro e novembro de 2020. Nel, exploramos o tema dos coidados a través de entrevistas a veciñas do municipio, visibilizando a relación histórica das mulleres co mundo reprodutivo, denunciando a inxusta carga que puido supoñer nalgúns momentos da súa existencia e aprendendo de todos os saberes invisibles que atesouran.
Este libro recolle os principais resultados desas conversas, ademais doutras fases do proxecto coma o encontro virtual Coidatopías.
Ferrol con Carvalho Calero
«Ferrol con Carvalho Calero» é un roteiro para descubrir a figura de Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado nas Letras Galegas 2020. A través das súas paradas coñecemos os espazos de vida deste ilustre ferrolán, achegándonos ás súas vivencias a súa obra, e o seu pensamento.
Está dirixido a público xeral e grupos de ESO e Bacharelatos.