Escola de Participación Cidadá de Narón
- En curso
A Escola de Participación Cidadá de Narón é un espazo de relación entre a veciñanza e o Concello, que busca apoiar o tecido asociativo do municipio e fomentar a participación cidadá. Inclúe diversas accións como atención cidadá continuada, os Consellos Territoriais, a plataforma www.naronparticipa.es, o programa educativo Plenos Escolares, formación, xornadas e eventos de cohesión social.
Encargámonos da coordinación, comunicación, formación, facilitación e asesoramento.
Categoría: Facilitación e participación social
Clienta: Concello de Narón
Deseño gráfico: Nadina gráfica