Seis cafés. Etnografía dos coidados para tempos de pandemia
- 2020
«Seis cafés» é un proxecto de intervención sociocomunitaria e etnografía feminista desenvolvido para o Concello de Bergondo entre setembro e novembro de 2020. A través de entrevistas a veciñas maiores do municipio, exploramos o tema dos coidados, visibilizando a relación histórica das mulleres co mundo reprodutivo, denunciando a inxusta carga que nalgúns momentos da súa vida representou e aprendendo dos saberes invisibles que atesouran.
As entrevistas, xunto coas metodoloxías e conclusións do encontro virtual Coidatopías, deron lugar á publicación de «Seis cafés».
Encargámonos da coordinación, deseño e execución do proxecto.
Categoría: Xéneros e identidades; Memoria e territorio; Facilitación e participación social
Clienta: Concello de Bergondo
Deseño gráfico: Nadina gráfica
Fotografía: Charo Lopes