De fronte á violencia de xénero

- 2020

Campaña e programa de sensibilización fronte á violencia de xénero impulsado pola Deputación da Coruña con motivo do 25N. A iniciativa promove a adhesión de concellos da provincia e entidades sociais e empresariais a un manifesto común, creando unha rede de administracións comprometidas coa igualdade de xénero. Ademais, inclúe recursos e actividades online dirixidas a todos os públicos para continuar sensibilizando contra as desigualdades e a violencia de xénero.

Os materiais da campaña están dispoñibles en www.defronte.gal.

Encargámonos da coordinación do equipo e do proxecto, da xestión das adhesións e da redacción dos textos para a difusión. Colaboramos con MAOS Innovación Social na comunicación.

Categoría: Xéneros e identidades

Clienta: Deputación da Coruña