Un pouco sobre nós
Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro fundada en 2014 en Ferrolterra. Desde entón, un equipo interdisciplinar traballamos para impulsar proxectos de intervención sociocomunitaria orientados á xustiza social. O noso propósito é claro: contribuír a rexenerar as vidas e os vínculos colectivos, creando espazos máis xustos, sostibles e conscientes para todas as persoas.
O noso equipo
Andrea Rico
Educadora social e pedagoga especializada en intervención socioeducativa, igualdade e formación de adultos, coordino a área de Facilitación de grupos e participación social.
Olga Romasanta
Historiadora da arte e pandeireteira, experta en memoria colectiva, educación e procesos participativos relacionados co territorio. Coordino a Área de Cultura, memoria e territorio.
Martín V. Añel
Historiadora da arte e pandeireteira, experta en memoria colectiva, educación e procesos participativos relacionados co territorio. Coordino a Área de Cultura, memoria e territorio.
Marcos Abalde
Filólogo, poeta e dramaturgo, dedícome á docencia e á recuperación da lingua galega e memorias subalternizadas. Colaboro en proxectos culturais e sociais.
O noso traballo
En Rexenerando, somos unha cooperativa sen ánimo de lucro fundada en 2014 no Golfo Ártabro, formada por un equipo multidisciplinar de mulleres que traballamos no ámbito social. O noso obxectivo é facilitar procesos de transformación social para rexenerar as vidas e os vínculos a diferentes niveis:
Co mundo:
promovemos relacións conscientes, comprometidas e sostibles coa historia e o territorio.
Consigo mesmas:
fomentamos o auto-coñecemento, a saúde emocional e a consciencia sobre a capacidade transformadora e social.
Con outras persoas:
creamos espazos de diálogo colectivo, acollemos a diversidade e apostamos polo bo trato, a colaboración e a xustiza.
Acreditamos nos valores da economía social e solidaria como ferramenta para rexenerar o tecido produtivo e as relacións laborais e comunitarias. Por iso, formamos parte de Espazocoop.
- A democracia profunda e o respecto á diversidade
- Os feminismos e a centralidade dos coidados
- A defensa da nosa lingua e cultura
- O compromiso coas voces e memorias marxinadas
- A sustentabilidade entre persoas e contorna
- A honestidade, a transparencia e a reflexión constante para transformar o noso camiño.