Enraizadas

- 2021

Proxecto de sensibilización en xénero creado para Euroeume en colaboración con Illa Bufarda e financiado pola área de igualdade da Deputación da Coruña. Consta de nove vídeos que recollen entrevistas a mulleres de seis concellos das comarcas do Eume e Ortegal, visibilizando o seu traballo no sector primario desde unha perspectiva ecofeminista e de soberanía alimentar.

Os vídeos presentáronse en novembro de 2021 no Auditorio das Pontes. Encargámonos da coordinación, produción, guión e dinamización do evento.

Categoría: Xénero e identidade

 Clienta: Euroeume