Apoderamento lingüístico. Ferramentas desde a Educación Social
- 2020
«Apoderamento lingüístico. Ferramentas desde a Educación Social» é un obradoiro dirixido ao alumnado do Grao de Educación Social na UDC. Durante dez horas de formación, combinamos teoría, exercicios prácticos e vivencias para sensibilizar aos futuros educadores e educadoras sociais sobre o seu papel no fomento da lingua galega. A formación parte da súa experiencia familiar e social para comprender os estereotipos e prexuízos lingüísticos, e culmina no deseño dun proxecto piloto que integra a intervención social e a normalización lingüística.
Encargámonos do deseño e execución da formación.
Categoría: Memoria e lingua
Clienta: Facultad de Educación Social, UDC