Malas linguas
- 2019, 2020
Xornadas dirixidas a profesionais da normalización lingüística, enfocadas en ofrecer referentes, fomentar o traballo interdisciplinar e en rede, e actualizar o argumentario das políticas públicas sobre o galego.
Na edición de 2019, máis de 30 relatoras locais e internacionais abordaron en catro sesións temas como lingua e políticas públicas, memoria, infancia e mocidade, e xéneros. A edición de 2020 celebrouse virtualmente, centrada nas boas prácticas para linguas minorizadas do Estado e na revitalización lingüística en linguas ameazadas.
Encargámonos da coordinación, produción do evento, e moderación das conferencias e espazos participativos.
Se queres coñecer máis sobre o noso traballo, fai click aquí
Categoría: Outras
Clienta: Deputación da Coruña
Deseño gráfico: Nadina gráfica