Malas linguas
Malas linguas – 2109, 2020 Xornadas dirixidas a profesionais da normalización lingüística, enfocadas en ofrecer referentes, fomentar o traballo interdisciplinar e en rede, e actualizar o argumentario das políticas públicas sobre o galego. Na edición de 2019, máis de 30 relatoras locais e internacionais abordaron en catro sesións temas como lingua e políticas públicas, memoria, infancia e mocidade, e xéneros. A edición de 2020 celebrouse virtualmente, centrada nas boas prácticas para linguas minorizadas do Estado e na revitalización lingüística en linguas ameazadas. Encargámonos da coordinación, produción do evento, e moderación das conferencias e espazos participativos. Se queres coñecer máis sobre o noso traballo, fai click aquí Categoría: Outras Clienta: Deputación da Coruña Deseño gráfico: Nadina gráfica